Realidade Aumentada

a)A Realidade Aumentada é unha tecnoloxía que permite a  superposición de elementos virtuais sobre o mundo real, creando unha imaxe combinada de ambos. Ademais esta permítenos engadir capas de información visual sobre o mundo real que nos rodea, utilizando a tecnoloxía, dispositivos como poden ser nosos propios teléfonos móbiles. Isto axúdanos a xerar experiencias que achegan un coñecemento relevante sobre a nosa contorna, e ademais recibimos esa información en tempo real.

Para por un exemplo, en videoxogos esta técnica implementouse de moitas maneiras, como mostrar personaxes do xogo sobre as contornas reais que enfocamos cunha cámara ou mostrar a nosa imaxe real para interactuar con obxectos virtuais.

b)Algunhas aplicacións de realidade aumentada que se poden empregar no ámbito educativo serían: FETCH! Lunch Rush (para ensinar realidades matemáticas), Magic Book (libros educativos), Star Chart ( adentranos na astrología) , entre outras moitas.

c)Este proxecto traballase fundamentalmente “os ollos” empregando a realidade aumentada. Tras ser elixido o marcador do ollo, os nenos e nenas podían ver como se movía xiraban a imaxe do ollo da maneira que eles querían. Ademais, de isto podían escoller outros marcadores ata atopar o correcto e así poder ver ese ollo dende diferentes perspectivas y parte que o forman.
 

Este proxecto, estaría máis dirixido educación primaria. O obxectivo é traballar contidos históricos, xeográficos, patrimoniais ou mesmo personaxes históricos da comunidade autónoma que se desexe, neste caso Cantabria.  Consiste nun xogo de mesa con tarxetas que cobran vida, as cales preguntas e aportan información de interese.

https://www.rauldiego.es/aumenta-cantabria-un-proyecto-que-aumenta-tu-conocimiento/ 


d)Unha proposta de actividade para o ámbito infantil de realidade aumentada que fomenta a creatividade dos máis pequenos é Quiver, unha aplicación que permite descargar plantillas para colorear que despois cobran vida a través do teléfono móvil. 

Para o desenvolvemento desta activididade nunha aula de infantil, nun primeiro momento mostraríalles aos infantes as plantillas das que dispón a app. Logo de que cada un escollese a súa, faríaselle entrega dela xunto con cores para que poideran coloreala ao seu gusto. Deseguido, cun dispositivo móvil que a/o docente poida aportar, mostraráselles aos nenos e nenas o seu debuxo en realidade aumentada, podendo ver a súa creación o máis real posible.


No hay comentarios:

Publicar un comentario