Un bon edublog de aula, debe contar con unhas características atractivas e uns recursos de calidade, para poder sacarlle un probeito positivo ao seu uso, tanto por parte do docente como do alumnado, e incluso das familias. Para acadar un blogue de calidade deberemos ter presentes aspectos como a estética que vai presentar o blogue, a propia estructura, ou que tipo de enfoque queremos darlle.
Centrándonos a estructura ideal debería contar principalmente na parte superior o título do blogue e unha breve descripción, esta ten que ser breve e concisa, xa que é un dos factores máis importantes que atraerá ao lector/a do blogue. A estructura debe estar organizada de maneira clara, ademáis sería recomendable que contase con apartados dirixidos ao alumnado e aos pais e nais para dar información de relevancia. Estos colocados en columnas e tamén que cada un dos apartados presente unhas etiquetas para facilitar a búsqueda do que o lector e lectora lle sexa de utilidade. É fundamental dispor dun apartado de comentarios, xa que este pode aportar ideas innovadoras de outras persoas.
As actividades incluidas tratarán os contidos marcadas no propio curriculum, pero tamén outras que poidan ser de reforzo ou con outras características fora dos contidos habituais para axudar aos nenos e nenas que poidan ter dificultades. Polo que non serán dirixidas só con un fin de aprendizaxe teórico, senón que se lle dará importacia a outras cuestións fundamentais para que os alumnos e alumnas se sintan con comodida na aula, como pode ser tratar as emocións. Tamén poderían estar incluídos enlaces ou direcións a outros materías educativos máis lúdicos como por exemplo un videoxogo ou un conto interactivo.
Tamén sería de interese recoller outro tipo de dinámicas que os pais, nais ou tutores poideran empregar con seus fillos e fillas nos fogares, tanto para reforzar quizáis o aprendido en clase como o para ser coñecedores de pasar tempo cos menores dunha maneira diferente.
Nestas líneas apreciamos as variadas utilidades que pode ter un edublogue, e os grandes recursos que pode aportar de maneira gratuíta e sinxela.
Adxuntamos abaixo capturas de edublogues que para nos contan con unha boa estructura e son de calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario