miércoles, 28 de abril de 2021

Video mensaxe




Como autoevaluación numérica final, polo esforzo, tempo e ganas que lle dedicamos, así como tamén polo propio resultado adxudicariamonos un 9. Consideramos que seguimos todos os pasos e tratamos todos os puntos expostos na guía do traballo, intendo a par que o noso blogue quedara esteticamente atractivo. 

Escollemos tamén unha orde de organización que creíamos cómoda para aqueles visitantes do noso edublogue, facendo que a súa navegación polo mesmo sexa sinxela.

Pese a ser unha tarefa que esixe moito tempo e compromiso estamos moi satisfeitas co resultado acadado, porque consideramos que vimos reflecitido o noso esforzo no resultado do blogue.  


sábado, 24 de abril de 2021

IMAXE E VIDEO

 

Nesta imaxe podemos observar dúas nenas de curta idade, aproximadamente uns doús anos que miran atentamente a pantalla ordenador. Descoñecemos que é o que se está a reproducir nel, aínda que podemos intuír que será un vídeo ou unha canción que mostre imaxes atractivas para ambas. 




Análise dos Edublogues na formación inicial do profesorado

Os blogues contan con numerosas vantaxes tanto no proceso de formación dun profesor como no desenvolvemento da súa profesión. 

Durante a formación inicial pódense empregar para reflexar temas debatidos durante as clases, podendo así expresar tanto a propia opinión como podendo ler as demais. Isto durante calquera tipo de formación é moi enriquecedor xa que pode abrirnos a diversos puntos de vista e situacións coas que nos poderemos atopar.

Por outra banda, nos blogues pódese amosar e atopar actividades e recursos que nos poden ser de gran utilidade, tanto para traballos da propia universidade como para poder empregar en situacións futuras nunha aula. Do mesmo xeito, tamén se pode compartir experiencias vividas nun contexto educativo que suscitan a unha intervención especial, e que ao ter presentes na web esas experiencias pode axudarnos a, se se nos presenta unha situación similar, ser conscientes dos erros e acertos que poden darse na intervención, tendo así unha axuda máis para facela de calidade.

Podemos ver como o uso deste recursos suscita ao traballo en equipo e colaborativo, algo verdadeiramente importante na profesión docente, motivo polo que o profesorado debe estar comprometido e mostrar interese ao uso deste tipo de ferramentas, o cal tamén inflúe na propia motivación do alumnado para participar tanto nos blogues como no resto de actividades. 
Como podemos ver a web 2.0, neste caso co blogue, ofrécenos recursos de calidade que nos aportan beneficios moi difíciles de acadar antes da súa existencia. Ás vantaxes ditas anteriormente deste sistema colaborativo de ensino- aprendizaxe, úneselle a sinxeleza e gratuidade da maioría deles a hora de usalos. 

As desvantaxes que pode amosar este tipo de recursos son practicamente inexistentes, aínda que si pode presentar algunha, como por exemplo a perda de contacto físico entre mestre e alumnado, así como que a ensinanza neste tipo de ferramentas non é personalizada. Pódese considerar tamén unha desvantaxe que esixe un gran compromiso e responsabilidade por parte do alumno ou alumna, porque, cun ordenador diante, é el ou ela mesmo quen decide que facer, isto pode levar a saturación do alumnado. 

Despois do exposto, vemos como na actualidade contamos con numerosos recursos que nos aportan grandes beneficios tanto para a nosa formación como para o desenvolvemento da profesión docente. Pese a isto, non apreciamos que estean enormemente extendidos, aínda que cada día máis, tanto polo descoñecemento como pola negativa dalgúns profesionais a usar estas ferramentas.

OS EDUBLOGUES

  •  QUE É UN EDUBLOGUE E PARA QUE SIRVE?

Un blogue é un sitio web con formato de bitácora ou diario persoal. Os contidos adoitan actualizarse de maneira frecuente e exhibirse en orde cronolóxica (de máis a menos recente). Os lectores, pola súa banda, adoitan ter a posibilidade de realizar comentarios sobre o publicado.

Os blogues, polo xeral, fomentan as interaccións. Ademais de permitir que os lectores se expresen sobre os contidos, é habitual que inclúan ligazóns ( links) a outros blogues ou a diversos medios de comunicación en liña. Os autores do blogue, ademais, poden responder os comentarios dos seus lectores.

No ámbito educativo, serve para manter o contacto fose da aula do alumno profesor, para que os alumnos realicen actividades de maneira máis dinámica e autónoma, para que aprendan e para estimularlles e incentivalos. Ademais poden ser ferramentas útiles para compartir información cos compañeiros, para manterse en contacto cos pais, etc. 

  • TIPOS DE FERRAMENTES OU PROGRAMAS PODEMOS EMPREGAR PARA A CREZCIÓN DUN BLOGUE? 
    • Wordprees: É o lugar onde se edita, publica e se comparte contido. 
    • Canva: É unha ferramenta que permite deseñar imaxes, deseñar textos e definir determinados tamaños para os diferentes medios. Ademais conta con diferentes dimensións, textos e filtros para engadir as imaxes. 
    • Bitly:: É ese tipo de ferramentas para identificar en que enfocarche, e a súa función é levar un rexistro do número de  clicks que recibe determinada URL e acurtala.
    • MovieMaker: Edición de vídeos. 
    • Buzzsumo: Na súa plataforma atoparás cales foron os artigos máis compartidos dun sitio web nas diferentes redes sociais. Desta maneira, poderase xerar contido que aos lectores lles guste. 
    • Thingmabolg: É unha aplicación baseada en Java coa que é posible crear e manter o teu blogue sen necesidade de coñecementos HTML nin outros elementos extra. 
    • Creative Commons: Poderás buscar entre imaxes de Flickr, Pixabay, Fotopedia e Google Imaxes que poidas usar para fins comerciais ou que poidas mesmo modificar. 
    • RSS Reader:: Podes introducir termos para recibir recomendacións de bloques interesantes e subscribirche a eles. Poderás recoller ideas interesantes para os teus artigos e compartilos.
    • Google Keyword  Tool:  buscador para as palabras chave, no que podes colocar as túas suxerencias de procura. Proporciona combinacións de palabras parecidas e o seu volume.
  • USO DOS BLOGS NUNHA PEDAGOXÍA CONSTRUCTIVISTA.
Os blogues, nunha pedagoxía constructivista, serven de apoio ao E- learning xa que establecen unha canle de comunicación informal entre profesor e alumno, promoven a interacción social, dotan ao alumno cun medio persoal para a experimentación da súa propia aprendizaxe e, por último, son  fáciles de asimilar baseándose nalgúns coñecementos previos sobre tecnoloxía dixital. 

Os edublogues podemos empregalos por exemplo para manter as familias ao tanto dalgunhas actividades que realizan os nenos e nenas na xornada lectiva, así como para achegarlles datos de interese como a celebración do Día das Letras Galegas, do samaín, do nadal… Ou datas de reunións as que é de interese que asistan.

Para os infantes podemos empregala publicando actividades, vídeos, xogos ou enlaces cos que poidan reforzar o traballado en clase.