Os blogues contan con numerosas vantaxes tanto no proceso de formación dun profesor como no desenvolvemento da súa profesión.
Durante a formación inicial pódense empregar para reflexar temas debatidos durante as clases, podendo así expresar tanto a propia opinión como podendo ler as demais. Isto durante calquera tipo de formación é moi enriquecedor xa que pode abrirnos a diversos puntos de vista e situacións coas que nos poderemos atopar.
Por outra banda, nos blogues pódese amosar e atopar actividades e recursos que nos poden ser de gran utilidade, tanto para traballos da propia universidade como para poder empregar en situacións futuras nunha aula. Do mesmo xeito, tamén se pode compartir experiencias vividas nun contexto educativo que suscitan a unha intervención especial, e que ao ter presentes na web esas experiencias pode axudarnos a, se se nos presenta unha situación similar, ser conscientes dos erros e acertos que poden darse na intervención, tendo así unha axuda máis para facela de calidade.
Podemos ver como o uso deste recursos suscita ao traballo en equipo e colaborativo, algo verdadeiramente importante na profesión docente, motivo polo que o profesorado debe estar comprometido e mostrar interese ao uso deste tipo de ferramentas, o cal tamén inflúe na propia motivación do alumnado para participar tanto nos blogues como no resto de actividades.
Como podemos ver a web 2.0, neste caso co blogue, ofrécenos recursos de calidade que nos aportan beneficios moi difíciles de acadar antes da súa existencia. Ás vantaxes ditas anteriormente deste sistema colaborativo de ensino- aprendizaxe, úneselle a sinxeleza e gratuidade da maioría deles a hora de usalos.
As desvantaxes que pode amosar este tipo de recursos son practicamente inexistentes, aínda que si pode presentar algunha, como por exemplo a perda de contacto físico entre mestre e alumnado, así como que a ensinanza neste tipo de ferramentas non é personalizada. Pódese considerar tamén unha desvantaxe que esixe un gran compromiso e responsabilidade por parte do alumno ou alumna, porque, cun ordenador diante, é el ou ela mesmo quen decide que facer, isto pode levar a saturación do alumnado.
Despois do exposto, vemos como na actualidade contamos con numerosos recursos que nos aportan grandes beneficios tanto para a nosa formación como para o desenvolvemento da profesión docente. Pese a isto, non apreciamos que estean enormemente extendidos, aínda que cada día máis, tanto polo descoñecemento como pola negativa dalgúns profesionais a usar estas ferramentas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario